Skip to main content
Begonte

Todo preparado para a gran Festa da Xuventude de Begonte deste sábado

Por 20 Maio, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

Todo listo para a celebración este sábado a Festa da Xuventude, que organiza o Concello de Begonte, unha celebración na que se busca ofrecer unha alternativa de ocio á xente moza do Concello e que este ano reforza a programación.

A festa, que cambia de ubicación, para celebrarse no club fluvial de Begonte abrirá a programación ás 13.30 horas coa actuación do grupo D’Nika en sesión vermú.

Durante a tarde desenvolveranse numerosas actividades. Unha delas consistirá nun torneo de fútbolín de modalidade de parado, que se iniciará ás 16.00 horas. Haberá catro premios de 200, 100, 50 e 20 puntos respectivamente, e as inscricións serán de 10 puntos por xogador. Hoxe remata o prazo de inscrición.

Outra das actividades da tarde será a festa do baloncesto, que terá lugar a partir das 18.00 horas no mesmo club fluvial. Haberá música, speaker, agasallos, xogos, competicións e inchables dentro do proxecto que está a desenvolver o Concello xuntamente co Breogán +que basquet no rural. Tamén contarán coa visita de xogadores e tamén de Máximus.

que consistirán nun torneo de futbolín, u a festa do baloncesto, xogos populares e inchables.

Completa a programa vespertino un campionato de tute, entre todas estas actividades dirixidas a persoas de todas as idades.

Á noite, ás 21.30 horas está programada unha cea, que inclúe bebida, empanada e churrasco antes da música das orquestras New York e Clan Zero en sesión verbena.

Ademais, está prevista a fin de festa cunha discoteca móbil.

O Concello puxo a disposición dos asistentes un prezo de compra en pack que inclúe, por 12 euros, cea, camiseta, mochila, pulseira e chapa.