Skip to main content
Begonte

Organizan un Begonte unha charla sobre emprendemento feminino no rural

Por 30 Maio, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O xoves día 9 de xuño levarase a cabo na casa da cultura de Betonte unha charla-coloquio sobre Emprendedoras no rural.

Como poñentes, acudirán María Varela-Portas (Xerente de Pazo de Vilane) e Carmen Lence (conselleira Delegada de Río Galicia), a súa vez conducidas por María Nieto.

Esta actividade está enmarcada dentro do proxecto Máis que basket no rural, co que colaboran a Fundación Breogán e o Concello de Begonte.

A sesión terá lugar ás 18.00 horas e hai un aforo limitado a 80 persoas polo que é necesario reservar praza presencialmente no Concello de Begonte ou chamando ao 982 396 143 ou no mail inscripciones@fundacionbreogan.org.