Skip to main content
Axenda CaducadaCastro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

O museo do Castro de Viladonga inicia o martes unha semana de actividades

Por 13 Maio, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

O Museo do Castro de Viladonga organiza unha serie de actos a próxima semana vinculados ao día das Letras Galegas e a dos Museos.

Así, as actividades iniciaranse o 17 de maio, día das Letras Galegas cunha lectura dramatizada a cargo da periodista Tania Fernández Lombao, ás 18.00 horas, de textos de Florencio Delgado Gurriarán. Seguirá a esta sesión unha actuación do grupo Leña Verde.

A programación continuará ao día seguinte, 18 de maio, que se conmemora o Día Internacional dos Museos co lema A forza dos museos.  Está previsto, ás 11.30 horas, unha actividade teatral de Cal y Caltón co título El jardín del viento, que terá lugar no propio castro.

Finalizarán o día 21 coa Noite dos Museos na que están previstas varias actividades que darán comezo ás 17.30  horas cunha sesión de xogos tradicionais a cargo de Xotramu que se prolongará ata as 19.30 horas. Tamén ás 17.30 horas terá lugar a actuación dos Valuros, ata as 18.15, cando dará comezo o espectáculo Verbena Galega D’antes, a cargo de Oxeito.

Finalizarán a programación cun concerto de música barrocar a cargo da formación Afecto y Desdén, que terá lugar entre as 19.30 e as 20.30 horas.

Ao finalizar haberá petiscos, bebidas e queimada por xentileza da Asociación de Amigos do Castro de Viladonga e do Concello de Castro de Rei.