Skip to main content
AbadínAxenda Caducada

O CD Castro celebra a súa reunión anual este sábado

Por 18 Maio, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

Coa tempada a piques de terminar, o CD Castro celebra este sábado a súa festa de confraternidade na que se festexa os éxitos acadados este ano por todos os equipos que conforman o club.

A comida terá lugar na Carballeira este sábado, 21 de maio. Ten un prezo de 23 euros e contará cunha sesión vermú amenizada cun grupo musical antes do xantar. Pola noite e depois de toda unha tarde de celebración, terá lugar uha festa verbena.

Para asistir será necesario a compra dunha entrada nos establecementos colaboradores: Restaurante Río Lea, Pastelería Améndoa, Restaurante Suso, Librería Amorín e Café Bar Fénix.