Skip to main content
Castro de Rei LUGOXACastro de Rei TERRACHÁXA

Amigos da Feira de Castro realiza este domingo a tradicional Ruta do Azúmara

Por 21 Maio, 2022Maio 22nd, 2022Sin comentarios

Este domingo 22 de maio a asociación Amigos da Feira de Castro recupera o seu tradicional percorrido a pé pola Ruta do Azúmara.

A saída da excursión está prevista para as 10.00 horas dende o campo da feira de Castro de Rei cara o Castro de Viladonga e á chegada de volta, sobre as 12:30, haberá un pequeno aperitivo na carballeira do Campo da Feira.

O autobús tamén fará unha viaxe desde Castro de Rei ao Castro de Viladonga para quen deixe alí o seu vehículo.

Ás 13:00, haberá un sorteo mensual dos 120 euros da promoción Compra en Castro de Rei e tamén haberá unha mesiña para a recollida de carnés de socio, o pago das cotas e a realización da inscrición.