Skip to main content
Cospeito

Regreso exitoso da Festa da Filloa de Muimenta

A Festa da Filloa de Muimenta volve celebrarse presencialmente o domingo no recinto feiral Manuel Vila da localidade na que foi a 31ª edición desta cita, que conta coa declaración de Interese Turístico de Galicia desde o ano 2008.

A feira abriu ás nove e media da mañá coa chegada das filloeiras e filloeiros, que xunto a un total de 142 colaboradores traballaron para dar pulo a unha festa na que se despacharon entre 17.000 e 18.000 filloas, empregando 500 quilogramos de fariña e máis de 70 ducias de ovos.

O recinto feiral acolleu tamén expositores de artesanía e de produtos galegos de calidade; música e baile e a entrega de premios do XXII Concurso de Relato e Debuxo Filloa 2022.