Skip to main content
Cospeito

Os veciños crean unha biblioteca rural na escola de Pino

Por 22 Maio, 2022Maio 23rd, 2022Sin comentarios

A Asociación Recreativo Cultural San Martiño de Pino está a crear unha biblioteca rural na escola de Pino.

Para poñer en marcha esta iniciativa, a asociación contou co doazón de libros por parte do CEIP Virxe do Monte da localidade.

Son títulos que xa non se empregaban na biblioteca do centro e que aportan á futura biblioteca dende grandes clásicos a enciclopedias e outros libros de consulta para todas as idades.

“Queremos agradecer ao Virxe do Monte a súa colaboración e de maneira especial ás responsables da biblioteca e aos rapaces e rapazas que axudaron a que esta doazón fose posible”, subliñan dende a asociación.

“Agora toca clasificar, ordenar e agardar a que nos concedan a subvención que temos solicitada para as estanterías e xa poder por en marcha esta iniciativa”, din.