Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol executa obras no rural por valor de 360.000 euros

Por 26 Maio, 2022Maio 27th, 2022Sin comentarios

O Concello de Friol realizará as obras de dous proxectos para o seu rural, xa que con estas actuacións preténdese mellorar e acondicionar varias estradas e accesos en dezanove núcleos de poboación de catorce parroquias do municipio, das trinta e dúas nas que se divide o territorio e a poboación friolense.

Un dos proxectos é Pavimentación de accesos aos núcleos de Cimadevila, Montecelos, A Muraza, A Florida, Sixto, Anxeriz, As Fontes, A Cabana e O Cibreiro co que se pretende acondicionar os accesos aos núcleos de poboación referenciados, pertencentes ás parroquias de Narla, Trasmonte, Miraz, Anxeriz, Nodar e Silvela. A realización de estas obras supón unha importante inversión, superando os 180.000 euros.

Os accesos referidos están en mal estado por diversos motivos como as condicións meteorolóxicas, o paso de vehículos e maquinaria pesada, entre outras moitas, polo que a circulación normal de vehículos vese dificultada en determinadas zonas.

Outra actuación que se vai levar a cabo é a Mellora de viario municipal en Tralacorda, Seoane, Vilafiz, Gonce, Macedo, Folgar, Espiñeira, Cerracín, Vilapedre e Quintá, que pertence ás parroquias de Seoane, Vilafiz, Condes, Xiá, Guldriz, Vilalvite, Santalla de Devesa e Ousá. En estas obras farase unha inversión de outros case 180.000 euros.

A necesidade pública a satisfacer con ambos proxectos é proceder á do viario mencionado, que presenta mal estado de conservación debido á súa antigüidade, uso e inclemencias meteorolóxicas sufridas co paso do tempo, polo que precisa unha rehabilitación.

Trátase de dous proxectos de mellora que afectarán a uns 58 km de estradas de titularidade municipal, nos que os traballos que se pretenden executar na maioría das estradas están destinados a limpar cunetas, sanear e drenar as zonas inundadas, regularizar o pavimento e por último, tres regos asfáltico a todo trazado, noutras estradas, actuarase do mesmo xeito, coa diferenza de que neste caso e dadas as características particulares desas vías en concreto, serán pavimentadas con aglomerado en quente.

Todas as actuacións a levar a cabo, van facer que os veciños e veciñas do municipio teñan máis fácil a circulación por estas vías. Estes proxectos financiaranse con cargo ao Plan Único de Cooperación cos Concellos 2022.

O equipo de Goberno capitaneado por Jose Á. Santos comenta que nestes momentos xa se están a levar a cabo numerosas actuacións de reparación e pavimentación en diferentes estradas rurais, desde o punto de vista do alcalde insiste en levar a cabo este tipo de actuacións, que fan que os desprazamentos de vehículos e maquinaria poidan realizarse dun xeito mais cómodo, e “intentamos ter nas mellores condicións posibles toda a rede viaria do municipio para facilitar os accesos á veciñanza de Friol e tamén ás persoas de fora do municipio que queiran ou precisen vir a Friol, tanto por lecer como por motivos laborais”, engade o alcalde, “e sobre todo facilitar os traballos no día a día dos veciños e veciñas que teñen explotacións gandeiras ou agrícolas, xa que o sector primario é a base do noso Concello, polo que debemos apoialo en todo o que poidamos”, remarca o rexedor.