Skip to main content
FriolFriol TERRACHÁXA

Trasmonte, en Friol, celebra dende hoxe as patronais

Por 27 Maio, 2022Maio 29th, 2022Sin comentarios

A parroquia de Trasmonte, en Friol, inicia esta noite de venres as súas festas patronais na honra da Virxe dos Milagros.

As celebracións darán comezo ás 21.30 horas co reparto de liscos e chourizos entre os asistentes, un inicio e celebración que estará animado pola actuación do dúo Eclipse.

O sábado haberá dobre sesión do grupo Fénix, en sesión vermú e verbena, mentres que a orquestra Metróplios será a encargada da música durante a noite.

Ao día seguinte, domingo, a celebración contará coa música de Salsarena, en sesión dobre de novo ao mediodía e á noite, co que se dará por finalizada a festa.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.