Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAFriol TERRACHÁXA

Oito medallas para o club Atletismo Friol no provincial

Por 30 Maio, 2022Sin comentarios

O pasado domingo 29 de maio tivo lugar en Lugo o Campionato Provincial de Atletismo para as categorías sub 12 e sub 14 e onde o equipo de atletismo do colexio de Friol lograba un extraordinario balance de 8 medallas.

Na xornada matinal tivo lugar o provincial para a categoría sub 12 e na proba dos 60 metros lisos houbo dobre presencia do equipo de Friol no podio. Así, Sofía López lograba o título de campioa provincial cun tempo de 9.02 segundos, mentras que Susana López acadaba a medalla de bronce cun gran crono de 9.09 segundos. Pola súa parte, o relevo formado por Sofía López, Susana López, Mariña Aguiar e Sara Platas acadaba a medalla de bronce en dita proba.

Xa na xornada de tarde, a gran protagonista era Antía Iglesias, que lograba a medalla de ouro no lanzamento de disco, un mellor tiro de 22.41 metros e tamén subía ao máis alto do podio na disciplina do lanzamento de peso cun mellor rexistro de 7.30 metros. Pola súa parte, Oihane Gómez, cun mellor tempo de 15.28, lograba a medalla de prata nos 80 metros valos, a mesma que conseguiría Mateo Villar nos 2000 metros lisos cun crono de 7.02 minutos. A última medalla a conseguiría Antía Menán na proba dos 2000 metros marcha, onde parou o crono en 12,57 minutos.

Moi meritoria foi a actuación de Uxía Platero, que acadaría o cuarto posto na proba dos 2.000 metros lisos e tamén Manuel Folgueira, coa cuarta posición no lanzamento de disco. Pola súa parte, Grace Merchant conseguiría o quinto posto na proba dos 80 metros valos. Por último, o relevo do 4×80 metros lisos lograba finalizar na quinta posición