Skip to main content
Guitiriz

O San Xoán de Guitiriz contará este ano cunha Festa da Xuventude

Guitiriz recuperará este ano as súas festas patronais na honra a San Xoán e avanzaron xa unha das actividades, que consistirá na celebración da I Festa da Xuventude, que terá lugar o propio 23 de xuño, a noite da fogueiras.

Os actos darán comezo cunha sardiñada gratuíta a partir das 21.00 horas para dar comezo á medianoite á festa que se celebra baixo o título Dance Gold Edition, coa mellor música dos 90 e 2000 en macrodiscoteca.

Estarán DJ Frisco & Marcos Peón, DJ Celso Bayo e Hugo Leivas.

A celebración está ao cargo da asociación Ecce Homo en colaboración co Concello de Guitiriz, a Comunidade de Montes San Xoán de Lagostelle e os comerciantes de Guitiriz.