Skip to main content
Guitiriz

Sonia López Díaz gaña a xincana turística polas parroquias de Guitiriz

Por 11 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello de Guitiriz realizou o pasado venres, 6 de maio, o sorteo da tablet, valorada en 300 euros, entre as persoas que completaron a primeira xincana turística polas parroquias do municipio, resultando agraciada Sonia López Díaz.

Nesta acción, coa que se pretende promocionar os recursos patrimoniais e naturais de Guitiriz, participaron ao redor de 10 persoas durante todo o mes de abril. Os requisitos para optar á tableta electrónica eran sacarase un selfie nos oito espazos turísticos do municipio que se propoñían. Ademais, había a opción de entrar no sorteo do dous lotes larpeiros completando 5 das 8 localizacións pero este agasallo quedou deserto ao completar todos os participantes as 8 localizacións.

Os 8 espazos eran: as escaleiras que suben ao campanario da igrexa de Labrada, Pena Roldán en Os Vilares, a Capela de Bascuas en San Salvador, o Leguario de Guitiriz, os Muíños da Muiñeira en Mariz, o Muíño da Ruxida en Parga, o campanario da igrexa de Pedrafita e, por último, a Cova da Serpe nas Negradas.

Agora, o Concello poñerase en contacto coa agraciada para concretar a data de recollida do premio, que se efectuará en breve na casa consistorial.