Skip to main content
Guitiriz

A exposición ‘Auga. O sangue da terra’ de Manuel Valcárcel abre na Casa Habanera

Por 27 Maio, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

Esta mostra chega a Guitiriz da man dun convenio entre o Concello e Afundación. Enmárcase na iniciativa Cultura por alimentos, pola que se fará entre os asistentes unha recollida de alimentos non perecedoiros que se entregarán a Cáritas.

Desde hoxe, xoves 26 de maio, e ata o martes 21 de xuño, a Casa Habanera acollerá a exposición Auga. O sangue da terra, obra do fotógrafo Manuel Valcárcel e que chega a Guitiriz da man dun convenio entre o Concello e Afundación.

Á apertura da mostra asistiu a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira; o coordinador Institucional de Abanca en Lugo, Óscar Rodríguez; a coordinador institucional de Afundación en Lugo, Beatríz Fernández-Anguiano; e a representante de Cáritas Diocesana, María Luisa Pérez Rosende. O grupo de pandeireteiras ‘Na casa zoqueiro’ encargouse de poñer a nota musical ao acto.

Auga. O sangue da terra, de entrada libre e gratuíta, poderase visitar de luns a venres en horario de 10 a 14 horas e de luns a xoves tamén de 16 a 18 horas.

Enmárcase na iniciativa Cultura por alimentos, que Afundación leva a cabo en colaboración con Festabal (Federación Española de Banco de Alimentos) e pola que se invita aos visitantes á exposición a que leven alimentos non perecedoiros que despois serán entregados a Cáritas.

A exposición

Auga. O sangue da terra realiza un percorrido pola relación do ser humano coa auga mediante fotografías dos cinco continentes. Lugares tan remotos como Nova Zelandia, India, China, Níxer, o deserto de  Atacama ou a conca do lucense río Lor foron fotografados por Manuel Valcárcel e recolleitos neste proxecto expositivo que ten como obxectivo valorar a auga como elemento vital e mostrar como inflúe a presenza ou ausencia de auga nas culturas, nas paisaxes e nos ecosistemas.