Skip to main content
Muras

Muras impulsa o sector apícola a través da Casa do Mel de Goente

Por 22 Maio, 2022Maio 23rd, 2022Sin comentarios

Construirán un colmear didáctico na aldea de Carelle e participarán na nova cooperativa de produtores.

Unha das alternativas de negocio no rural é a apicultura, que se está a desenvolver de forma importante nos últimos anos na Terra Chá, con especial impulso na zona de Muras, onde se está a potenciar de forma importante ao amparo da Casa do Mel de Goente, nas Pontes, que extende a súa influenza ao concello murés, a San Sadurniño e a moitos outros da contorna.

O número de apicultures segue a crecer. Moitos compaxinan esta actividade con outra pero cada vez son máis os que se dedican de forma profesional á apicultura.

De feito, a produción aumentou tanto nas últimas datas que a Casa do Mel vén de impulsar a creación dunha cooperativa para fornecer a comercialización da produción da zona.

Aínda no se sabe cantos produtores formarán parte dela pero si está claro que subirán do medio centear, moitos deles da zona de Muras.

O obxectivo desta cooperativa e dar saída ao produto máis alá das fronteiras galegas xa que o crecemento continuado está a provocar un aumento de produción que en breve será imposible que asuma o comercio local, tal e como explica o impulsor da idea e tamén presidente da Asociación Casa do Mel, Manuel Ferreira.

Pero non é este o único obxectivo, o colectivo busca un local no que poder desenvolver as súas iniciativas como “o mel con pole, comercializar o material apícola, poder traer material para os socios a un prezo máis barato, incluso botar man da alimentación en certas épocas do ano ou mesmo facer o noso propio alimento”, explica.

Coa vista posta no mercado europeo de cara a un futuro próximo están a buscar o financiamento que lles permita dar ese paso o antes posible.

Mentres tanto, seguen adiante outras múltiples alternativas apícolas, como a futura construción dun colmear didáctico en Muras.

Estes espazos están dirixidos á formación pero tamén á experimentación. Están agora mesmo na Casa do Mel de Goente facendo un programa de selección de abella local, coas liñas moi avanzadas e queren este ano empezar coa inseminación artificial. O que pretende a asociación é ter un banco de raíñas de boa calidada e de zánganos e todos os socios poderán coller a un prezo asequible raíñas de boa calidade e ter unhas liñas puras.

O Concello de Muras e a Casa do Mel xa teñen o convenio de colaboración listo e están pendentes da firma pero xa teñen todo en marcha.

A nova estrutura está situada nos terreos da aldea etnográfica de Carelle Grande e se financiou cunha partida de 6.500 euros do Fondo de Compensación Ambiental.

Contará con entre 15 e 20 colmeas, que se completarán con varios espazos próximos para traballos complementarios.

O Concello de Muras e a Casa do Mel levan seis anos colaborando para sacar adiante a Feira do Mel de Montaña, unha cita xa imprescindible no calendario murés, que ano a ano segue gañando visitantes, produtores e negocio.

De feito, este crecemento estivo tamén impulsado polas múltiples actividades que xa se están desenvolvendo na zona vinculadas á apicultura, como cursos, formación e apoio.