Skip to main content
Muras

A Xunta afirma que se atenderon algunhas das peticións do Concello no proxecto de mellora da LU-540

Por 15 Maio, 2022Sin comentarios

A Xunta de Galicia afirma que atendeu e analizou as peticións presentadas polo Concello de Muras no proxecto de mellora da LU-540, e de feito executou unha delas como é a construción dunha vía de servizo paralela á estrada, no treito de Leganitos, para evitar que os tractores entren á estrada e mellorar así a seguridade viaria.

Así o explicou o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, quen lembrou ademais que “respecto á outra das peticións, referida á construción dos accesos ao polígono, dificilmente se pode cumprir cando o polígono non existe. E non hai avances no futuro parque industrial porque o goberno local de Muras non fixo nada neste asunto”.

Arias Fouz dixo “non entender como o goberno local de Muras asegura que a Xunta non ten interese no futuro económico da zona, cando está a bloquear desde hai anos o futuro parque industrial”. O delegado territorial lembrou ademais que “a Xunta fixo todo o que estaba na súa man. De feito, hai dous meses o goberno Galego ampliou a vixencia dun informe ambiental sobre a modificación puntual necesaria para crear o polígono de Cabana, que foi emitido en 2016 e que caducaba o pasado abril, para desta forma evitar que o Concello tivera que reiniciar un novo procedemento e sumar máis demoras a este proxecto tan importante para Muras”.

Co respecto a terceira e última petición, consistente en facer un paso inferior nesta estrada, Javier Arias explicou que “se estudiou a posibilidade, pero acometer esta obra, por un problema dun día ao ano pola festa do Poldro non está xustificado, cando se pode mellorar a seguridade con outras medidas”.