Skip to main content
Axenda LUGOXAAxenda TERRACHÁXAOuteiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Aberto o prazo para o campamento urbano e o multiaventura de Outeiro de Rei

O Concello de Outeiro de Rei abre o prazo de inscrición para o campamento multiaventura en Viveiro que se realizará do 22 ao 24 de xuño para os rapaces de 1º a 4º da ESO.

Por ser limitado o número de prazas que se ofertan (20), estas cubriranse por rigorosa orde de inscrición (terán preferencia as persoas solicitantes empadroados no concello con respecto ás de fóra); o prazo para anotarse permanecerá aberto  do 2  ao  31 de maio ou ata cubrir as prazas.

Nesta actividade está prevista a visita ao parque acuático de Cerceda e a practica de varias actividades como surf, tirolesa etc.

O custo de participación é de 70 € que inclúe a hospedaxe e a comida, cota que deberá aboarse no momento de facer a reserva e sempre antes de rematar o prazo de inscrición.

Poden reservarse as prazas nas oficinas municipais da Casa da Cultura de 10:00 h a 14:30 h ou chamando ao 982 39 34 08.