Skip to main content
Outeiro de Rei LUGOXAOuteiro de Rei TERRACHÁXA

Xa hai gañadores do certame das Letras Galegas de Outeiro de Rei

Por 25 Maio, 2022Sin comentarios

A Biblioteca pública municipal de Outeiro de Rei deu a coñecer a relación de nenos e nenas premiados no Certame de Narración e Debuxo infantil das Letras 2022 na súa convocatoria local.

Así, na categoría de debuxo resultaron premiados na categoría A, ata 8 anos, Bela Hérnández Souto, Adriana Castro Rouco e Martiño Eiravella Real. cun accesit para Álex Otero Núñez.

Na categoría B, para nenos entre 9 e 11 anos, os premios foron para Ossian Jul Rodríguez, Anna María Khostikova e Juan David Barreiro Gómez. Na categoría C, de 12 a 16 anos, houbo un único premio para Salomé Mesa Ríos.

En narración tamén houbo fallo para a categoría A, na que gañaron Sandra Rey Gonzélez e Irene Sotillo Izquierdo. Na B os premios foron para Mara Lendínez Lombao, Alicia González Núñez e Carlos Torres García con accésits para Claudia Real Castro, Thiago Luigi Botigué Andrade.