Skip to main content
A PastorizaAxenda Caducada

Mañá celebran en Bretoña un taller de autoestima

Por 18 Maio, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

Este xoves 19 de maio ás 16.00 horas no teleclube de Bretoña, terá lugar un taller de autoestima, organizado pola Asociación de Amas de Casa de Bretoña e a Área de Servizos Sociais do Concello da Pastoriza.

Esta actividade englóbase no programa do Pacto de Estado contra a violencia de xénero. Estará ao cargo de Noelia Darriba García.

“Unha autoestima sana incidirá sempre no comportamento que teñamos con nós e co resto das persoas, daranos estabilidade emocional, motivación para conseguir as nosas metas e fortaleza para afrontar as adversidades e fracasos”, explican.