Skip to main content
As Pontes

As Pontes contará co servizo Coidados porta a porta a finais de xuño

As Pontes recibirá os días 27, 28 e 29 de xuño, a visita da unidade móbil de Coidados porta a porta, a iniciativa financiada a través dos Fondos Europeos Next Generation para achegar aos maiores de 55 anos as consultas de audioloxía, podoloxía e estimulación da memoria.

O servizo estará situado na praza do Carme da localidade entre as 9.00 e as 20.00 horas.

Esta campaña destinada a persoas maiores de 55 anos e é totalmente gratuíta. Ofrecerá tres servizos principais. Por unah banda, un servizo de podoloxía. Faise unha consulta básica de podoloxía; unha valoración do estado xeral do pé; un corte e limpeza de uñas; eliminación de durezas, calos e helomas.

No servizo de audioloxía faise unha valoración e exploración funcional da audición e prevención da perda auditiva. E finalmente no servizo de estimulación da memoria, un profesional realizará unha valoración cognitiva e achegará as pautas desde unha perspectiva terapéutica de como previr e aminorar un deterioro, en caso de habelo.

As persoas interesadas poderán pedir cita previa no teléfono 622 748 283 ou no correo electrónico coidadosportaaporta.politicasocial@xunta.gal.