Skip to main content
As Pontes

As Pontes crea o programa Motívate para os escolares de Secundaria

Por 3 Maio, 2022Maio 4th, 2022Sin comentarios

O Concello das Pontes co obxectivo de fomentar a motivación emprendedora entre a mocidade pon en marcha un programa Motívate, dirixido aos centos escolares de Educación Secundaria do municipio.

O novo programa municipal Motívate desenvolverase ao longo do que resta do ano 2022 e permitirá ao alumnado recibir a información precisa para converter unha iniciativa persoal nun proxecto empresarial.

“Todos os nenos e nenas levan un emprendedor dentro e desde o goberno local, a través destas iniciativas, queremos axudalos e axudalas a potenciar o seu talento e as súas competencias, amosándolles que é posible acadar os seus soños e facer realidade as súas ideas de negocio” apuntan Ana Pena e Tania Pardo, concelleiras responsables do proxecto.

Motívate desenvolverase a través de 20 sesións de traballo e cada unha delas contará con tres actividades . En primeiro lugar, haberá unha visita aos polígonos industriais de As Pontes, para que o alumnado poidan observar “in situ” as empresas ubicadas na súa localidade así como ter información, por parte do Axente de Desenvolvemento Local do Concello (AEDL), sobre os sectores de actividade de cada unha das empresas, os productos ou servizos que ofrecen, número de traballadores así como calquera peculiaridade das propias empresas.

Haberá tamén unha xornada de motivación emprendedora no centro de dinamización empresarial e incubadoras de empresa Seara, esta xornada será impartida polo AEDL e contarase coa colaboración de diferentes emprendedores e emprendedoras locais, que lle ofrecerá información ao alumando, sobre a posta en marcha de proxectos emprendedores de primeira man, amosándolles experiencias reais, contadas polas persoas emprendedoras da vila.

Así mesmo, o programa Motívate inclúe unha terceira actividade consistente nunha visita guiada a unha empresa ubicada nos polígonos de As Pontes, onde o alumnado poderá observar o funcionamento empresarial en diferentes sectores de actividade.

A primeira sesión desenvolverase hoxe, cunha visita do alumnado de 4º da ESO do IES Moncho Valcarce ao polígono de Penapureira, unha vistia a empresa Mecace de Acebrom Group e unha xornada de motivación emprendedora na que participará Mónica García de Huso 29 Renovables.