Skip to main content
As Pontes

Premio para o voluntariado de Protección Civil das Pontes

Por 10 Maio, 2022Sin comentarios

A Asociación Nacional de Agrupacións e Asociacións de Voluntarios de Protección Civil de España fixo entrega, esta fin de semana, das Medallas de Mérito e Recoñecemento á Antigüidade e á Constancia aos voluntarios e voluntarias das Pontes.

O acto celebrouse na Academia Galega de Seguridade da Estrada e nel estivo presente o tenente alcalde das Pontes, Antonio Alonso, quen acompañou á delegación local, galardoada neste acto.

“É un auténtico orgullo para o Concello das Pontes poder asistir a este evento que recoñece a vocación de servizo público, dedicación desinteresada dun grupo de ponteses e pontesas que fan da solidariedade a súa seña de identidade”, explicaou o concelleiro.