Skip to main content
Rábade LUGOXARábade TERRACHÁXA

Rábade organiza varios campamentos infantís para este verán

O Concello de Rábade organiza de novo este ano o programa Concilia en Rábade organizando varios campamentos e actividades que terán lugar nos meses de verán. O programa desenvolverase cumplindo todalas garantías sanitarias e de seguridade que a situación actual esixe.

A pretensión do campamento é que os participantes acaden o maior desenvolvemento posible da súa capacidade creativa e que sexan partícipes da vida en grupo, favorecido polo carácter lúdico do contorna.

Unha das primeiras actividades a realizar será o campus de patinaxe, dirixido a nenos de entre 4 e 15 anos en horario de luns a vernes de 9:00h a 14:00h e o prezo é de 20 euros. Impartirase os días 27, 28, 29 e 30 de xuño e o 1 de xullo.

Así mesmo, haberá un campamento urbano para os pequenos de 4 a 12 anos que se prolongará entre o 1 e o 15 de xullo co mesmo horario de 9.00 a 14.00 horas e con un prezo de 20 euros. Para a mocidade de ESO e 1º de BAC está previsto un campamento multiaventuras que terá lugar en viveiro e que se celebrará os días 22, 23 e 24 de xuño. Ten un prezo de 70 euros.

O Concello de Rábade ten previsto outro campamento máis, nesta ocasión de verán, que se desenvolverá do 11 ao 15 de xullo, tamén de luns a venres en horario continuado de 10.00 a 20.00 horas. Terá un prezo de 30 euros e poderán participar todos os nenos e nenas que cursen entre segundo e sexto de Primaria.

Completa a programación uns obradoiros de manualidades e creatividade que se desenvolverán os martes e os venres entre as 17.00 e as 18.00 horas para nenos de 4 a 16 anos. Esta actividade, que é gratuíta, dará comezo xa o 24 de maio.

Tamén de forma gratuíta, desenvolverase un taller que leva por título Coñecendo o Miño, a súa flora, a fauna… en piragua! Será os luns e mércores entre as 11.00 e as 12.00 horas para nenos e nenas de 8 a 16 anos. A actividade terá lugar os luns e mércores.

As prazas para todas estas actividades son limitadas polo que haberá que inscribirse antes. O prazo está aberto ata cubrir prazas en horario de  9.00 a 14.00 horas na Área de Cultura e Deporte do Concello.