Skip to main content
Vilalba

“O obxectivo irrenunciable é consolidar o proxecto socialista nas vindeiras eleccións municipais”

Por 1 Maio, 2022Maio 2nd, 2022Sin comentarios

A Agrupación local do PSdeG-PSOE de Vilalba aprobou na súa asamblea a configuración da nova Executiva Local, elexindo como secretario xeral a Eduardo Vidal.

Forman parte desta lista de integración e consenso concelleiros e concelleiras do Goberno municipal, recuperando tamén algunhas persoas con experiencia política e sumando a outras con inquedanzas e compromiso para aportar nas decisións futuras do partido. A executiva combina experiencia e xuventude, traxectoria profesional e política con novas ideas e visións. Un equipo de traballo interxeracional e que representa á sociedade vilalbesa con distintos perfís e realidades.

A nova dirección do partido afirma que a unidade, o consenso, o diálogo e a participación política guiarán o proxecto de futuro sobre o que se leva traballando moitos anos desde a agrupación socialista, con compromiso, responsabilidade e constancia. Os momentos complexos requiren de equipos comprometidos coa súa realidade social e dispostos a aportar e buscar solucións para quen máis o precisa.

Volve liderar a executiva local do PSOE en Vilalba. Cal é tarefa principal coa que accede ao cargo?

Son varias as cuestións que me prantexei dende de decidín presentarme de novo á Secretaría Xeral. En primeiro lugar, o compromiso cun proxecto que non me é alleo e polo que traballamos moitas persoas dende fai tempo. En segundo lugar, aportar experiencia de goberno á situación que deriva de ter sido a primeira forza política nas últimas eleccións municipais e polo tanto obstentar o poder institucional no Concello. En terceiro lugar, contribuir dende a xestión orgánica a consolidar a relación política nos distintos eidos e estamentos tanto sociais como institucionais, e por último, poñerme de novo a disposición do Partido para colaborar en todo aquelo que considere oportuno.

Que outros obxectivos ten o PSOE de Vilalba?

Como obxectivo irrenunciable, consolidar o proxecto socialista nas vindeiras eleccións municipais sempre na percura de incrementar a base social que o sustenta. Neste senso temos xa posto en marcha unha campaña de novas afiliacións.

Que nos pode dicir do equipo que lidera?

Que é o que eu elixín, fíxeno baixo as premisas da experiencia compartida e da capacidade de xestión, tanto no eido político como no das relacións persoais. Un conxunto de cualidades que calquera organización política que entenda que se debe de compartir o liderazgo debe de ter. Estou realmente satisfeito de este grupo de dirección política.

Que lle fixo volver á política activa na comarca?

Principalmente o sentimento de axudar, tanto dende o eido institucional como dende o orgánico, de maneira que se recoñeza a Vilalba, non só polo feito de ser a cabeceira da comarca, senón que tamén por aportar outra maneira de recoñecer as políticas, no conxunto dos concellos con goberno socialista que nos precederon. Isto é, co desenvolvemento de accións de goberno progresistas, igualitarias, feministas, inclusivas e de respecto ás persoas. E dende logo por seguir apoiando ás noas agrupacións ata que conquiran achegarse cada vez mais ás posicións de goberno.

Está considerada como unha persoa asociada ao consenso e ao diálogo. Considera que estas son as características principais para un político?

Dende logo que son fundamentais, pero deben de ir asociadas á toma de decisións compartidas e á aceptación destas, tanto polos da propia organización política como pola sociedade en xeral. No noso caso considerámosnos afortunados pois temos unha gran presidenta da Agrupación Socialista na persoa de Elba Veleiro.

“No 2023 haberá que decidir se queremos volver á política en branco e negro ou avanzar da man dun partido progresista que mira polo seu pobo e que, despois de 40 anos de políticas para a supremacía duns poucos, está a poñer a semente dos avances na gualdade de oportunidades e para todos e todas”

Comisión Executiva Municipal

  • Presidenta, Elba Veleiro
  • Secretario Xeral, Eduardo Vidal
  • Secretaria de Organización e Política Municipal, Marta Rouco
  • Secretario de Cultura e Deporte, Miguel González
  • Scretaria do Sector Primario e Acción Electoral, Sonia Verdes
  • Secretario de Mobilidade e Axenda 20/30, Luis Fernández Álvarez
  • Secretaria de Igualdade e Comunicación, Vanesa Siso
  • Secretario de Medio Ambiente, Ignacio Criado
  • Secretaria da Mocidade, María Goretti Pérez
  • Secretario de Administración, Luis Fernández López
  • Secretaria de Comercio e Distribución, Clara López
  • Secretario de Integración Social e Terceira Idade, Fernando Justo
  • Secretario de Formación, Francisco Lozano

Supoño que gañar as proximas eleccións é o obxectivo máis desexado do plan. Xa están traballando nelo?

Dende o primeiro día. Dende que comezou a lexislatura, e non nos está resultando doado pois son moitos os atrancos cos que nos atopamos e que derivan dunha nefasta transición de poderes por parte do goberno saínte. Con todo, confiamos en aumentar a confianza que nos deu a sociedade vialbesa nas pasadas eleccións municipais. Recibimos a encomenda de gobernar para todos e rematar coas diferenzas que establecía o PP. Diferenzas que fomos sinalando durante moitos anos, algo palpable pola sociedade vilalbesa. No 2023 haberá que decidir se queremos volver á política en branco e negro ou avanzar da man dun partido progresista que mira polo seu pobo e que, despois de 40 anos de políticas para a supremacía duns poucos, está a poñer a semente dos avances na gualdade de oportunidades e para todos e todas.

Ocupa as tarefas de réxime interno, seguridade cidadá e servizos dentro do equipo de goberno. Cales son os seus obxectivos?

Sen ningunha dúbida afianzar unha maneira de traballar e de resolver os problemas da xente. Renovar os contratos que aínda están pendentes, de maneira que a sucesiónn das disitntas actividades propias do Concello evolucionen con total normalidade e non se vexan perxudicadas nun futuro a medio prazo.

Da súa carreira política que destacaría?

O agradecemento que sinto pola confianza que o Patido Socialista depositou en min ao longo da miña traxectoria política. Tamén o recoñecemento, que agardo se entendera dende a perspectiva de servidor do interese público. E como non, a inmensa bagaxe persoal ao respecto do coñecemento que me teñen dado as relacións coas persoas de calquera signo político e coa sociedade en xeral.

Ten como obxectivo volver á Deputación?

Non, foi unha parte moi importante da miña traxectoria pero non considero tal posibilidade.

“Destacaría o agradecemento que sinto pola confianza que o Patido Socialista depositou en min ao longo da miña traxectoria política”