Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

Renova a directiva do Club Atletismo Vilalba

O 29 de abril tivo lugar a asamblea extraordinaria do Club Atletismo Vilalba cun único punto na orde do día, consistente na elección da nova xunta directiva.

Para esta sesión presentouse unha única candidatura, que foi elexida por aclamación. Esta nova xunta directiva está encabezada por Antonio Luis Criado Rego, como presidente.

Forman parte da mesma Xosé Lois Paz Miragaya, como vicepresidente; Senén Rodrigo Villarino Paz, secretario, Javier Cendán Martínez, tesoureiro, e como vogais Zelin Spencer Conçençao e María José Trastoy Díaz.