Skip to main content
Vilalba

Realizan unha alfombra floral no colexio de Román con motivo do Xacobeo

Con motivo da conmemoración dos maios, a comunidade educativa do colexio Terra Chá de Román, en Vilalba vén de elaborar unha alfombra floral dentro da actividade Pisando o Camiño, para a promoción da ruta xacobea.

Foi unha propia iniciativa do colexio o que levou adiante este proxecto floral, que se engloba en programas como o Plan Proxecta Vexo Veo Xacobeo.

Para esta actividade contaron coa participación de todos os membros da comunidade educativa, familias, profesorado e alumnado.