Skip to main content
Vilalba

O PP de Vilalba urxe a programación de actividades infantís para o verán

O Partido Popular de Vilalba urxe ao goberno local a “dar a coñecer a programación de actividades infantís de cara ao verán 2022 coa antelación suficiente para favorecer a conciliación das familias vilalbesas”. Os populares condenan que “o goberno local esqueza a importancia de programar estas actividades co suficiente tempo de antelación”.

Os populares advirten que “falta menos de dous meses para o remate do curso escolar e Vilalba aínda non dispón dun programa de actividades e ocio e tempo libre para o desfrute da poboación infantil e xuvenil na temporada deste verán 2022. Outros concellos xa dispoñen desta programación de actividades dende fai dúas semanas”, apuntan.

“As familias precisan saber con tempo suficiente as actividades, horarios e, sobre todo, se os seus fillos dispoñen de prazas dispoñibles nas distintas quendas. Por iso é imprescindible abrir con tempo a inscrición na habitual programación de actividades infantís de cara ao verán 2022 para que facilitar a organización da vida familiar e laboral”, explicaran dende o PP local.

Os populares instan, polo tanto, ao goberno local a presentar con dilixencia a programación de actividades con información sobre os diferentes talleres, excursións e outro tipo de actividades de ocio; así coma os horarios, prezos e as diferentes quendas que se van ofertar”.