Skip to main content
Vilalba

Torre celebra a fin de semana as súas patronais

Por 10 Maio, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

A parroquia vilalbesa de Torre celebrará esta fin de semana as súas festas patronais na honra a San Isidro.

As celebracións darán comezo o sábado 14 ás 13.30 horas coa misa solemne seguida de procesión e da tradicional sesión vermú, que estará a cargo da orquestras Salsarena.

Esta mesma orquestra, xunto ao dúo Estrellas serán os encargados da gran verbena, que dará comezo ás 22.30 horas.

O domingo volverá haber misa ás 13.30. horas, tamén con procesión e sesión vermú a cargo de Eclipse. Con esta sesión darase por finalizada a programación.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.