Skip to main content
Vilalba

Vivalba Aberta reúnese cos veciños de Lanzós

Por 11 Maio, 2022Sin comentarios

Vilalba Aberta segue volcada na súa iniciativa Rede de Parroquias. Retomada hai dous meses logo de aprazarse pola Covid19, trátase dunha serie de encontros “parroquia a parroquia” deseñados pola formación co obxectivo de coñecer de primeira man as necesidades da veciñanza do rural e incorporalas, logo, á axenda política da corporación.

Así, e despois das oito primeiras de Santaballa e Nete, Ladra, Oleiros, Carballido e Corbelle, Belesar e San Simón, a formación municipalista chega a Lanzós co fin de celebrar a novena parada da súa concorrida xeira.

Á xuntanza, fixada para este venres día 13, ás 20:30h, na Casa Escola da parroquia, seguiranlle outras dúas, apalabradas xa, a celebrar entre este mes e o vindeiro. 

COMPROMISO ELECTORAL

“Dende Vilalba Aberta queremos dar resposta ao que tantos veciños das parroquias nos dixeron semanas antes da celebración das Eleccións Municipais: As reunións nas parroquias, durante os catro anos e non só en campaña electoral”, apuntou Modesto Renda.

O voceiro de VA puxo en valor “a predisposición e iniciativa da veciñanza das parroquias que os contactaron, así coma o imprescindible de facer política “escoitando aos veciños das parroquias” e lembrou que “estes son sempre os máis damnificados polo conxunto dunhas administracións, lembremos, chamadas a velar polos seus intereses do mesmo xeito que o fan polos veciños/as do casco urbano”.

É por isto que animou á veciñanza de Lanzós a participar, achegándose este venres á Casa Escola da parroquia. Así mesmo, Renda non quixo deixar pasar a oportunidade para  trasladar o seu “profundo agradecemento á directiva da Asociación de Veciños de Lanzós” por permitir facer posible este novo encontro.