Skip to main content
Vilalba

O centro sociocomunitario de Vilalba celebra o seu 36 aniversario

Por 13 Maio, 2022Maio 14th, 2022Sin comentarios

O centro sociocomunitario de Vilalba celebrou onte o seu 36º aniversario como “un espazo aberto que axuda a mellorar a calidade de vida da cidadanía”, ao constituír un lugar de encontro e convivencia que fomenta a participación dos veciños e veciñas cunha ampla oferta de actividades”.

Responsables autonómicos visitaron a instalación e salientaron o dinamismo do centro vilalbés, que rexistra unha media duns 200 usuarios ao día. Na programación de maio destacan a fisioterapia de mantemento e a terapia ocupacional (con 116 participantes en total); podoloxía (que ten 68 usuarios); ximnasia (60); taller de memoria (42); así como encaixe de bolillos, obradoiros de exercicio e ocio, as actividades orientadas a vivir en positivo e os ensaios da coral, entre outros.

No transcurso do acto o centro recoñeceu o traballo de persoal voluntario, monitores e entidades que durante os últimos anos contribuíron co seu labor a converter este espazo nun referente para a veciñanza do municipio.

Foron homenaxeadas a Asociación de Voluntarios de Protección Civil; o colectivo de mulleres Amizade; a asociación de persoas con discapacidade Ambepa de Vilalba; o equipo de inclusión do centro penitenciario de Teixeiro; a Fundación La Caixa e o grupo de voluntariado do propio centro sociocomunitario.

As instalacións, que dependen da Consellería de Política Social, dispoñen dunha aula de informática con acceso a internet, biblioteca, sala de usos múltiples, ximnasio e cafetería con cociña e comedor.