Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

Tardad celebra esta fin de semana as festas patronais

Por 17 Maio, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

A parroquia vilalbesa de Tardad celebrará as súas festas patronais na honra á Nosa Señora da Ascensión e Inmaculada Concepción n a fin de semana do 21 e 22 de maio.

A programación dará comezo ás 13.00 horas coa misa maior con procesión, seguida da sesión vermú a cargo da orquestra Acordes, que tamén estará pola noite na verbena. Ás 12.30 horas da noite está prevista tamén a actuación da artista galega Ruth Cundins, gañadora dun concurso televisivo no ano 202o.

O domingo seguirase o mesmo programa con misa ás 13.00 horas e sesión vermú a cargo do Dúo Venus, co que se rematará a festa.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa. Tamén haberá fogos de artificio.