Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

O loitador vilalbés José Cuba logra o decimoitavo título de campión de España

Por 16 Maio, 2022Maio 17th, 2022Sin comentarios

O loitador vilalbés José Cuba fíxose esta fin de semana co título de campión de España de loita na categoría sénior. Esta é a décimo oitava vez que acada este distinción na súa carreira deportiva.

O deportista vilalbés participou nesta competición en Xixón convocado pola selección galega. Impúxose na súa categoría (menos de 125 kg) ao asturián e a dous de Madrid.

Tamén estivo presente no campionato o rabadense Martín Vázquez Diéguez, que se fixo coa medalla de bronce en 72 quilos de libre olímpica. Este gañou o seu primeiro combate con Andalucía, caeu en semifinais con Navarra e fíxose coa vitoria na repesca contra Castela e León.