Skip to main content
Axenda CaducadaVilalba

Festas esta fin de semana nas vilalbesas Goiriz e Roupar

Por 23 Maio, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

A parroquia vilalbesa de Goiriz celebra este sábado, 28 de maio a Romería de San Adriano que dará comezo ás 13.30 horas con misa solemne, procesión e sesión vermú coa orquestra M-3.

Unha vez finalizada a mesma dará comezo unha comida campestre a base de empanada, xamón cocido, polbo e churrascop a un prezo de 27 euros.

Pola tarde haberá baile co dúo Pedriñas e tanto a orquestra da sesión vermú como a do baile da tarde uniranse pola noite para celebrar a gran verbena.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa e que os que desexen participar no xantar deberán anotarse previamente, antes do 25 de maio, nos teléfonos 686 469 362 e 699 994 107.

ROUPAR

Tamén a parroquia de Roupar celebra as súas festas patronais esta fin de semana na honra de San Estevo. O sábado a música estará ao cargo do grupo A Cirema, que fará dobre sesión ao mediodía e á noite mentres que o dúo Estrellas estará tamén na verbena.

O domingo haberá misa solemne ás 13.30 horas seguida de sesión vermú co dúo CQC, actuación que porá o punto e final á celebración.