Skip to main content
Vilalba

Vilalba acolle unha mostra de debuxos das vítimas da violencia de xénero

Por 23 Maio, 2022Sin comentarios

Logo de visitar numerosos puntos da xeografía española, a exposición chega a Vilalba da man da Asociación Feminista.

A Asociación Feminista de Vilalba organiza a exposición Crecer con miedo: niños y niñas ante la violencia de género.  A mostra consiste nunha serie de debuxos creados por fillos e fillas de vítimas de violencia de xénero, que ilustran sobre o papel as situacións de maltrato que viviron.

Esta recompilación de debuxos forma parte do proxecto Intervención Psicosocial con menores”, unha iniciativa da Comisión para la Investigación de Malos Tratos a Mujeres, en colaboración coa Federación Española de Municipios e Provincias, que arrancou no 2003, atendendo ás necesidades psicolóxicas que presentaban os nenos e nenas que estaban sendo vítimas de maltrato.

A exposición pode verse na Casa da Cultura de Vilalba ata o 30 de maio en horario de 10:30 a 13:30 e de 17:00 a 20:00 horas.

Ademáis da mostra, as creadoras deste proxecto desenvolveron un manual no que defenden os beneficios da intervención profesional con menores vítimas de violencia de xénero, facendo fincapé en que o traballo non só debe ser terapéutico, para paliar os efectos desa violencia, tamén debe ser preventivo, para evitar que o modelo desigual de relacións entre mulleres e homes se reproduzca no futuro. O manual pódese descargar dende a páxina da entidade (www.malostratos.org) a un custo de 5€, todo o recaudado vai destinado á intervención psicosocial con menores vítimas de violencia de xénero e ao mantemento e mellora da exposición itinerante.

“A motivación para dar a coñecer os debuxos desta exposición é a de mostrar a enorme forza expresiva das láminas que a forman e que nos fai ver o que supón vivir nun contexto de violencia e/ou sufrila en primeira persoa. Ademáis, búscase tamén sensibilizar sobre os terribles efectos que a violencia ten sobre os menores que a sofren, e que moitas veces lles custa expresalo con palabras. Nestes traballos podemos observar como ven eles o proceso de violencia, e como, guiados por profesionais que buscan un medio no que eles sexan protagonistas, podemos escoitar todo o que eles queren expresar”, afirman dende a Asociación Feminista de Vilalba.