Skip to main content
Vilalba

Serra da Carba organiza un curso de iniciación á apicultura

Por 24 Maio, 2022Sin comentarios

A asociación de apicultura Serra da Carba organiza un curso de iniciación á apicultura que comezará a imparttirse esta fin de semana.

O programa formativo, que consta de 20 horas, abordará primeiramente a bioloxía do enxame en relación ao apicultor e á colmea, tratando a maquinaria para a elaboración dos diversos produtos e os tipos de colmeas, entre outras cuestións. Tamén se falará da instalación do apiario e do manexo das colmeas e multiplicación de núcleos, a saúde das abellas e os obxectivos produtivos nunha explotación apícola.

A formación terá lugar os días 28 e 29 de maio e 4 e 5 de xuño na Escola da Pedragosa, en San Simón. O horario será de 9.00 a 14.00 horas.