Skip to main content
Vilalba

Os veciños de Nete fan unha gala en Vilalba para recadar fondos para a loita contra o cancro

Por 25 Maio, 2022Maio 28th, 2022Sin comentarios

A asociación de Veciños de Nete organizou para este sábado, no auditorio Carmen Estévez de Vilalba, unha gala de recadación de fondos en favor da loita contra o cancro que dará comezo ás 19.30 horas.

Veranse actuacións dos diferentes grupos de música que se imparten en Nete dirixidos por Vane Siso, Ángel Sendín, Xabi Iglesias, Andrés Penabad, Pablo Pintor e Cami Iglesias.

As entradas teñen un prezo de 5 euros e poden collerse na Casa da Cultura, Foto Purriños, Foto Amador, As Nubes Moda, Seguros Loli Dorado e Perruquería Goyla (Feira do Monte). Tamén hai entradas de fila cero para os que non poidan ir ó festival pero queiran aportar un donativo.

Ademais, sortearanse un par zocos de home, outro de muller e 2 baleirapetos, donados por Eferro, no transcurso do festival. Para participar no sorteo están a vender rifas a 1 euro.

Todo o recadado doarase integramente a asociación Somos Unidos por el Cáncer.