Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAVilalba

O Vilalbés celebra o día 4 a súa festa de final de tempada

Por 27 Maio, 2022Xuño 4th, 2022Sin comentarios

O Rácing Club Vilalbés organiza o día 4 de xuño a tradicional festa de fin de tempada que dará comezo ás 12.00 horas cunha gala no auditorio municipal.

Queremos poñer en valor e agradecer o traballo e compromiso de persoas e colaboradores importantes do clube, que fixeron moito por esta institución”, din desde o club.

Unha vez rematada a presentación dos equipos e os éxitos da tempada, haberá unha sesión vermú ao cargo de Sintonía de Sancobade seguida da comida de confraternidade no estadio Roca.

Todos os xogadores están invitados de forma gratuíta e para participar poden retirar as tarxetas ata o 27 de maio nas oficinas do Roca.

Pola tarde continuará a festa con cantos de taberna con Mestura de Nete e ás 20.00 horas volverá actual Sintonía de Sancobade. Finalizará a sesión co DJ Xandre, ás 22.00 horas.