Skip to main content
Deportes TERRACHÁXAFriol TERRACHÁXAVilalba

O Vilalba FS B e o Friol logran o ascenso a Preferente

Por 30 Maio, 2022Maio 31st, 2022Sin comentarios

Fin de semana de dobre celebración para o Grupo Forma-T Vilalba, que logrou o ascenso do grupo B sénior a Preferente mentres que o A quedou campión galego na fase de ascenso a Segunda B.

O filial chairego do grupo Forma-T xa está cun pé na Preferente dende esta fin de seman aínda que quedan dúas semanas de competición. A vitoria aplastante sobre o Outeiro de Rei B (10-3) deu matematicamente o cambio de categoría ao equipo que dirixe Ismael Vázquez Villares no seu primeiro ano da súa creación. Polo de pronto, está na primeira posición da táboa pero esta situación podería cambiar xa que o Friol está só dous puntos por debaixo.

Pola súa conta, o Friol tamén festexou o ascenso matemático esta fin de semana tras vencer a outro chairego, o Korreo Guitiriz B, que a pasada fin de semana logrou o ascenso para o A a Terceira.

O Friol foi contundente cun 6-1 que deixan ao principal rival dez puntos por debaixo. Houbo festa polo tanto para o conxunto friolense, que dirixe Dani Villar Iglesias.

CAMPIÓN GALEGO

A dobre celebración do Vilalba esta fin de semana foi por quedar o sénior A, que dirixe Quini, campión da fase de ascenso galega.

O equipo vilalbés rematou a liga regular a primeiros de maio como segundos tralo Lugo Sala, do que estaban separados por dez puntos. Entro as eliminatorias para derrotar ao Sport Sala en semifinais e posteriormente ao Xove na fase final este sábado no pavillón vista Alegre de Burela.

O Forma-T Vilalba aspira agora ao ascenso á Segunda División Nacional, onde só está representada a provincia polo Ribeira, grupo que engloba aos equipos de Asturias, Galicia e Castela e León.

O último pasiño dos vilalbeses darase o día 11 de xuño co partido de ida contra o Arenas de Manzaneda en Vilalba e o 18 de xuño en Oviedo para poder culminar a fase de ascenso.

De arriba a abaixo, o Forma-T Vilalba B, o Friol e o Vilalba FS A