Skip to main content
Axenda CaducadaXermade

Volven as Xornadas Interxeracionais Rurais de Cabreiros

Por 10 Maio, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

Cabreiros volverá celebrar a partir de maio unha nova edición das Xornadas Interxeracionais Rurais que chegan á súa XVIII edición e que darán comezo o sábado 28 de maio.

Así, a inauguración do ciclo será ás 11.00 horas para dar inicio ás charlas. A primeira será a presentación dos traballos premiados no VIII Premio Xermade na Historia e a convocatoria da seguinte edición, organizada pola asociación de veciños, USC, Concello e Deputación.

Trala pausa do xantar dará comezo unha mesa debate co título Necesidades de autosuficiencia no agro. Soberanía alimentaria. De onde veñen as patacas?, coordinado por Xoan Carlos Carreira Pérez, doutor enxeñeiro agrónomo, profesor de Enxeñaría Agroforestal na Universidade de Santiago. Tamén se debatirá sobre horta ecolóxica e a venda directa.

As Xornadas Interxeracionais continuarán o sábado 4 de xuño ás 10.30 horas para falar sobre modelos de vivendas alternativas e colaborativas coa participación de catro expertos e representantes doutras tantas empresas e organizacións do territorio peninsular.

A tarde, a partir das 16.00 horas, estará dedicada ás experiencias de emprendemento no rural coa presentación do proxecto da granxa de cabalos Appaloosas Setepontes, de José María viveiro. Ao remate terá lugar un obradoiro de cestería tradicional a cargo de Lola Tourón Ríos.

A seguinte cita será o 11 de xuño coa primeira sesión dedicada á ssúade emocional, as pandemias, guerras e psicoloxía da resistencia: Estará ao cargo de Fernando Vázquez González, catedrático de psicoloxía clínica an USC. Rematarán a maña cun obradoiro de risoterapia con Araceli López Formigo.

Tralo xantar terá lugar unha actuación de Mamá Cabra co espectáculo Paraíso Natural.