Skip to main content
Axenda CaducadaXermade

Convocan a cuarta etapa da peregrinación a Santiago dende Xermade para o 21

Por 11 Maio, 2022Xullo 12th, 2022Sin comentarios

O Concello de Xermade, con motivo da celebración do Xacobeo 2022, continúa coa ruta a pé desde Xermade ata Santiago de Compostela en distintas etapas.

A cuarta, de Arzúa ao Pino terá lugar o día 21 deste mes. Así, so quedará a do remate, dende O Pino a Santiago o día 4 de xuño.

A saída será todos os sábados ás 8.00 diante do Concello. Haberá autobús gratuíto desde Xermade ata o comezo da etapa, así como de regreso ao remate de cada xornada.

As inscricións están xa en marcha no 982 50 10 02 (ata dous días antes do comezo de cada etapa), que terán un aforo limitado.

Informa sobre esta actividade Lucía, no 678 744 178.

Cada persoa levará a súa comida para xantar ó finalizar a etapa. Mentres camiñamos contaremos con: transporte de apoio, auga e caixa de primeiros auxilios proporcionados polo concello.