Skip to main content
Xermade

Convocan a última etapa da peregrinación a Santiago dende Xermade para o 4

Por 30 Maio, 2022Xuño 21st, 2022Sin comentarios

O Concello de Xermade, con motivo da celebración do Xacobeo 2022, remata estes sábado a ruta a pé desde Xermade ata Santiago de Compostela en distintas etapas.

A quinta, dende O Pino a Santiago será finalmente o día 4 de xuño.

A saída será ás 8.00 diante do Concello. Haberá autobús gratuíto desde Xermade ata o comezo da etapa, así como de regreso ao remate da xornada.

As inscricións están xa en marcha no 982 50 10 02 (ata dous días antes do comezo da etapa), que terá un aforo limitado.

Informa sobre esta actividade Lucía, no 678 744 178.

Cada persoa levará a súa comida para xantar ó finalizar a etapa. Contarán con transporte de apoio, auga e caixa de primeiros auxilios proporcionados polo concello.