Skip to main content
Uncategorized @gl

Os casos de covid seguen a baixar nunha xornada cun novo falecido

As altas continúan co descenso de casos activos de covid. Así, hoxe hai 2.429 casos, 98 menos que onte, con 212 novos contaxios en 24 horas e 307 altas no mesmo período.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 64.366 casos rexistrados e 335 persoas falecidas (unha máis que onte).

A presión hospitalaria segue elevada nas UCIs con 6 ingresados, 5 están no Hula e 1 en Burela. E en planta hai 81 enfermos (2 menos), 60 están no de Lugo (4 máis), 6 na Mariña (4 menos) e 15 en Monforte (2 menos).

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Sen cambios drásticos. O máis pronunciado é a baixada en Lugo, de 18 casos, para unha gran cidade, é pouco significativa.

O número de concellos limpos de covid xa é de 2 (1 menos) e son 26 os que teñen menos de dez casos (2 máis).

A Mariña

  • Alfoz: 11 (1 menos).
  • Barreiros: 19 (1 menos).
  • Burela: 36 (4 menos).
  • Cervo: 30.
  • Foz: 48 (2 menos).
  • Mondoñedo: 21 (1 máis).
  • Ribadeo: 43 (3 menos).
  • Trabada: 25 (1 menos).
  • Viveiro: 46 (7 máis).
  • Xove: 13 (2 menos).
  • Por debaixo de 10: A Pontenova, Lourenzá, Ourol, O Valadouro, O Vicedo e Riotorto.

Terra Chá

  • Abadín: 15 (2 máis).
  • As Pontes: 48 (3 máis).
  • Castro de Rei: 19 (2 máis).
  • Cospeito: 14 (3 máis).
  • Guitiriz: 17.
  • Outeiro de Rei: 21 (3 menos).
  • Pol: 16.
  • Vilalba: 42 (4 menos).
  • Por debaixo de 10: A Pastoriza, Begonte, Friol, Meira, Muras, Rábade e Xermade.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 10.
  • O Incio: 15 (1 máis).
  • O Páramo: 20 (1 máis).
  • Paradela: 26 (4 máis).
  • Sarria: 59 (1 menos).
  • Por debaixo de 10 casos: Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 31 (3 máis).
  • Antas de Ulla: 16 (1 máis).
  • Baleira: 23 (4 máis).
  • Castroverde: 13 (1 menos).
  • Lugo: 461 (18 menos).
  • Monterroso: 18 (4 máis).
  • O Corgo: 22.
  • Portomarín: 13.
  • Palas de Rei: 22 (2 máis).
  • Por debaixo de 10: As Nogais, Baralla, Becerreá, Cervantes, Guntín, Navia de Suarna e Pedrafita.
  • Unha semana sen casos: Negueira de Muñiz.
  • Quince días sen casos: Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 15 (5 máis).
  • Chantada: 17 (2 máis).
  • Monforte: 109 (2 menos).
  • O Saviñao: 14 (2 menos).
  • Pantón: 21 (1 menos).
  • Quiroga: 33.
  • Sober: 39 (5 menos).
  • Taboada: 41 (3 menos).
  • Por debaixo de 10: Bóveda, Carballedo, Folgoso do Courel e Ribas de Sil.