Skip to main content
Uncategorized @gl

Contención do virus na provincia con alivio nas UCI

Xornada de contención tanto de casos novos como da hospitalización, que se libera nas UCI. Así, hoxe hai 2.471 casos, 42 máis que onte, con 258 novos contaxios en 24 horas e 215 altas no mesmo período.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 64.623 casos rexistrados e 335 persoas falecidas.

A presión hospitalaria reláxase nas UCIs con 4 ingresados (2 menos), 3 están no Hula e 1 en Burela. E en planta hai 82 enfermos (1 máis), 65 están no de Lugo (5 máis), 7 na Mariña (1 máis) e 10 en Monforte (5 menos).

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

A subida da xornada está na Fonsagrada, con 11 casos máis. Pola contra tamén destacan as baixadas de Sober, con 17 casos menos, e Foz con 10.

O número de concellos limpos de covid xa é de 4 (2 máis) e son 21 os que teñen menos de dez casos (5 menos).

A Mariña

  • Alfoz: 10 (1 menos).
  • Barreiros: 16 (3 menos).
  • Burela: 38 (2 máis).
  • Cervo: 23 (7 menos).
  • Foz: 38 (10 menos).
  • Mondoñedo: 24 (3 máis).
  • O Vicedo:11.
  • Ribadeo: 43.
  • Trabada: 20 (5 menos).
  • Viveiro: 51 (5 máis).
  • Xove: 17 (4 máis).
  • Por debaixo de 10: A Pontenova, Lourenzá, Ourol, O Valadouro e Riotorto.

Terra Chá

  • Abadín: 13 (2 menos).
  • As Pontes: 46 (2 menos).
  • Castro de Rei: 18 (1 menos).
  • Cospeito: 17 (3 máis).
  • Guitiriz: 14 (3 menos).
  • Outeiro de Rei: 19 (2 menos).
  • Pol: 19 (3 máis).
  • Vilalba: 34 (8 menos).
  • Por debaixo de 10: A Pastoriza, Begonte, Friol, Meira, Rábade e Xermade.
  • Unha semana sen casos: Muras.

Comarca de Sarria

  • Láncara: 12 (2 máis).
  • O Incio: 19 (4 máis).
  • O Páramo: 17 (3 menos).
  • Paradela: 26.
  • Sarria: 58 (1 menos).
  • Por debaixo de 10 casos: Samos e Triacastela.

Centro da provincia

  • A Fonsagrada: 42 (11 máis).
  • Antas de Ulla: 17 (1 máis).
  • Baleira: 14 (9 menos).
  • Castroverde: 13.
  • Lugo: 466 (5 máis).
  • Monterroso: 18.
  • O Corgo: 24 (2 máis).
  • Portomarín: 11 (2 menos).
  • Palas de Rei: 24 (2 máis).
  • Por debaixo de 10: As Nogais, Baralla, Becerreá, Guntín, Navia de Suarna e Pedrafita.
  • Unha semana sen casos: Negueira de Muñiz e Cervantes.
  • Quince días sen casos: Ribeira de Piquín.

Ribeira Sacra

  • A Pobra do Brollón: 15.
  • Chantada: 18 (1 máis).
  • Folgoso do Courel: 11.
  • Monforte: 100 (9 menos).
  • O Saviñao: 12 (2 menos).
  • Pantón: 23 (2 máis).
  • Ribas de Sil: 10.
  • Quiroga: 31 (2 menos).
  • Sober: 22 (17 menos).
  • Taboada: 38 (3 menos).
  • Por debaixo de 10: Bóveda e Carballedo.