Skip to main content
BaleiraUncategorized @gl

Baleira contratará un auxiliar administrativo co Plan Único

Por 13 Maio, 2022Sin comentarios

O Concello de Baleira convoca o proceso selectivo para a selección de persoal laboral temporal para a contratación dun auxiliar administrativo. Faino ao abeiro do programa do fomento do emprego do Plan Único da Deputación. Así, segundo publicou nas bases, o posto de traballo será de auxiliar administrativo por un período duns 4 meses. Malia que, nas bases especifica, ademáis, que o límite máximo do contrato podería ser ata o 31 de outubro.

A selección do traballador farase mediante concurso-oposición e formalizarase mediante contrato laboral. Para a participación no proceso é obrigatorio contar con estudos mínimos de Educación Secundaria Obrigatoria e estar en situación de desemprego ou mellora das condicións laborais.

As solicitudes para tomar parte nas probas selectivas dirixiránse ao sr. Alcalde do Concello de Baleira nun prazo de 5 días hábiles a contar dende onte, no que se publicaron as bases no Boletín Oficial da Provincia.