Skip to main content
Uncategorized @gl

Xornada de contención do virus con novas baixadas

Por 31 Maio, 2022Sin comentarios

Xornada sen cambios na provincia cos datos de novo por debaixo dos mil casos activos. Os contaxios novos soben pero para facer un reaxuste de datos coa fin de semana.

Así, hoxe hai 919 casos, 2 máis que onte, con 100 novos contaxios nas últimas 24 horas e 98 altas.

Ademais, dende que comezou a pandemia, no mes de marzo do 2020, hai 67.820 casos rexistrados e 349 persoas falecidas.

A presión hospitalaria segue sendo elevada con 3 pacientes na UCI do Hula e en planta hai 37 enfermos (1 máis), 24 están no de Lugo (1 menos), 2 na Mariña (1 máis) e 11 en Monforte (1 máis).

POR COMARCAS (datos a 1 semana)

Continúa o goteo á baixa de casos con cada vez máis concellos limpos de covid, un total de 12, 3 máis que onte.

Ademais, 12 teñen por riba dos dez casos de covid (1 máis).

A Mariña

  • Burela: 14 (1 máis).
  • Foz: 13 (1 menos).
  • Ribadeo: 11 (1 máis).
  • Viveiro: 17 (4 máis).
  • Por debaixo de 10: Alfoz, A Pontenova, Barreiros, Cervo, Lourenzá, Mondoñedo, Ourol, O Valadouro, Riotorto, Trabada e Xove.
  • Unha semana sen casos: O Vicedo.

Terra Chá

  • As Pontes: 19 (1 máis).
  • Guitiriz: 12 (1 menos).
  • Outeiro de Rei: 17 (1 máis).
  • Vilalba: 21 (2 máis).
  • Por debaixo de 10: Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Friol, Pol, Rábade e Xermade.
  • Unha semana sen casos: A Pastoriza, Meira e Muras.

Comarca de Sarria

  • Sarria: 11.
  • Por debaixo de 10 casos: Láncara, O Incio, O Páramo, Paradela, Samos.
  • Quince días sen casos: Triacastela.

Centro da provincia

  • Lugo: 209 (4 menos).
  • Por debaixo de 10: Antas de Ulla, As Nogais, Baleira, Becerreá, Castroverde, Cervantes, Guntín, Monterroso, O Corgo, Portomarín e Ribeira de Piquín.
  • Unha semana sen casos: A Fonsagrada, Baralla, Navia de Suarna e Palas de Rei.
  • Quince días sen casos: Negueira de Muñiz e Pedrafita.

Ribeira Sacra

  • Chantada. 10.
  • Monforte: 50 (2 máis).
  • O Saviñao: 12 (1 máis).
  • Por debaixo de 10: A Pobra do Brollón, Bóveda, Carballedo, Pantón, Quiroga, Ribas de Sil, Sober e Taboada.
  • Quince días sen casos: Folgoso do Courel.