Skip to main content
Axenda CaducadaMondoñedo

O festival MindoMúsica celebrarase en xullo

Por 13 Xuño, 2022Xullo 10th, 2022Sin comentarios

O festival MindoMúsica 2022, que chega este ano a súa cuarta edición, celebrarase do domingo 3 ao domingo 10 de xullo no Concello de Mondoñedo.

Este festival de música de cámara e iniciativa da violinista mindoniense Rebeca Maseda aínda está a rematar detalles da programación.

Nas anteriores edicións os concertos foron en diferentes parroquias de Mondoñedo, na Casa dos Coengos, na Catedral, no Auditorio Municipal Pascual Veiga e no Centro Cultural da Alcántara.

MindoMúsica nace cuns obxectivos moi claros e diferenciados que dan conta da súa excepcionalidade como a difusión das grandes xoias do repertorio camerístico nun festival de características únicas en Galicia, sendo un referente musical e cultural dentro de España. Tamén serve como proxecto de calidade e diferencial para a promoción turística de Mondoñedo e da Mariña.

Por outra banda ten un compromiso real coa democratización da cultura levando a música ao mundo rural co Parroquias Tour. e revaloriza o excelente patrimonio conservado no Arquivo de Música da Catedral de Mondoñedo.Así como afonda en aspectos socioeducativos a través de actividades pedagóxicas innovadoras: talleres de confraternización entre artistas residentes e alumnado e ANPAS da Escola Municipal de Música O Pallarego, Colexio Público Álvaro Cunqueiro Mora e IES Plurilingüe San Rosendo. – Afondar nos beneficios psicolóxicos da música: talleres de musicoterapia na Residencia e Centro de Día San Rafael e no Centro Asistencial San Paulo e San Lázaro.