Skip to main content
Viveiro

Listos os horarios do Resurrection Fest e toda a información necesaria

Por 22 Xuño, 2022Xullo 15th, 2022Sin comentarios

Xa falta pouco para o Resurrection Fest, o festival viveirense que se celebrará do 29 de xuño ao 3 de xullo.

Despois da anulación do festival 2021, as bandas anunciadas para ese ano seguiron no cartel polo que se poderá desfrutar dunha cabeceira incrible: Avenged Sevenfold (data única en España e unha das poucas actuacións en Europa o ano que vén), KoRn (único festival en España), Judas Priest – 50 years (celebrando os seus 50 anos como un dos referentes do heavy metal), Deftones e Sabaton (coa maior produción que tiveron nunca en España), quen será os encargados de encabezar os cinco días de festival, xunto con outras bandas como Bring Me The Horizon cunha gran produción, Rise Against (único festival en España), Bullet For My Valentine ou Opeth, que tamén brillarán con luz propia.

Para o último gran oco que faltaba quixeron contar cunha banda que lles encanta e que os fans do festival levan pedindo moitas veces nestes últimos anos, estes son Mastodon. Os estadounidenses poñerán a guinda á programación do sábado, e ao cartel tamén se unirán tres bandas máis: The Raven Age, Ciclonautas e Bourbon Kings, deixando unha carteleira de ilusión para un 2022 no que teremos moitísimas ganas de concertos.

Tamén pódense consultar as zonas de descanso de pago, Resucamp, Beachcamp e Glamping. Á súa vez, pódese consultar nos seguintes enlaces toda a información sobre as viaxes organizadas ou os tokens, . Este ano contarán tamñen coas baterías externas para cargar os móbiles e serán gratuitas deixando un depósito de 20€ e cando se entreguen de novo devolverásevos o diñeiro.

As bandas e os escenarios serán as seguinte. No principal estarán Mastdon, Heaven Shall Burn, Sepultura, Jinjer, Rise of the Northstar, Spiritbox, Caliban, Dagoba, Beyond The Black, Eskimo Callboy, Our Hollow Our Home, e Deadly Apples mantéñense no escenario principal, mentres e recupérase a Crossfaith e engádese a Alien Weaponry. Pechando a warm- up tamén terán a Bleed From Within e Serrabulho e por último Hamlet, Vita Imana, Skunk D. F., Onza, Free City e Bolu2 Death tamén actuarán no escenario principal.

Nos escenarios temáticos contarán con grandes artistas, como sempre. No Ritual Stage contarán con Dark Funeral, The Raven Age, Decapitated, Bloodbath, Sylosis, Angelus Apatrida, Vomitory, Enforced, Infected Rain, Neaera, Benighted, Master Boot Record, Dead Label, Gaerea ou As Everything Unfolds.

No Chaos Stage, escenario de hardcore e punk, gozarase de Madball, Lionheart, Raised Fist, Knocked Loose, Morning Again, Moscow Death Brigade, Doyle, Bourboun Kings, Employed to Serve, Belvedere, Svalbard, Misconduct, A Armada, Blowfuse, Ruxe Ruxe e True Mountains, entre outros.

Por último no Desert, volven Amenra co seu incrible espectáculo, o carismático Nergal con Me And That Man, And So I Watch You From Afar, Toundra presentando o seu novo disco ao grande, Planet of Zeus, Torche, My Sleeping Karma, The Picturebooks, Celeste, O Altar do Holocausto, Adrift, Regarde Les Hommes Tomber, Ciclonautas, Frutería Toñi e Chris Masuak cos seus Viviero Wave Riders Association.