Skip to main content
AlfozAxenda Caducada

Alfoz celebrará unha das principais citas do seu verán, a Festa dos Chóferes

Por 30 Xuño, 2022Xullo 31st, 2022Sin comentarios

Alfoz volverá celebrar unha das principais citas do seu verán, a Festa dos Chóferes, á que adoitan acodir centos de vehículos de todo tipo para recibir as bendicións dos párrocos.

Esta cita festiva terá lugar os vindeiros 29, 30 e 31 de xullo, malia que o programa de festas non está confirmado, noutras ocasións houbo un festival de música vocal, unha festa adicada á xuventude, unha gran sardiñada, xogos populares para os nenos, e un triangular de fútbol.

O que si se sabe e que contará por suposto coa procesión dos coches polas parroquias do Concello para asistir á misa solemne, trala que o párroco bendecirá os automóbiles desprazados. Os mellor engalanados recibirán premio.