Skip to main content
Trabada

O Concello de Trabada rehabilitará a Casa Escola de Trabadela

Por 30 Xuño, 2022Sin comentarios

O Concello de Trabada conseguiu unha subvención do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS) para rehabilitar a primeira planta da casa escola de Trabadela, un inmoble de titularidade municipal.

O orzamento das obras de reforma é de 28.819,43 euros e a subvención obtida polo concello é de 25.937,48 euros. Unha vez rematada a actuación, a vivenda destinarase a alugamento social.

“Grazas ao esforzo do grupo de goberno temos esta nova subvención, unha axuda moi importante porque o obxectivo é o alugamento social dunha vivenda municipal ubicada no rural, mellorando desta forma os servizos do núcleo de Trabadela”, afirma a alcaldesa.

O proxecto consiste na remodelación da vivenda para dotala de mellores condicións de habitabilidade, mediante o redimensionado da zona de día composta por salón-comedor-cociña e do baño, mentres que se manteñen os tres dormitorios existentes. 

Grazas as reformas previstas, mellóranse as dimensións dos distintos espazos, dotándoos de maior funcionalidade e mellores condicións de accesibilidade. Tamén se melloran as condicións de habitabilidade da vivenda mediante a mellora do illamento das fachadas e a instalación dun sistema de calefacción.