Skip to main content
Comarca AMARIÑAXAPortomarínRibadeoViveiro

Un convenio de colaboración permitirá que se rehabiliten tres centros educativos lucenses

Por 22 Xuño, 2022Xuño 29th, 2022Sin comentarios

O operador acumula 70.000 domicilios cableados de 27 concellos lucenses desde 2018, así como un investimento de fondos privados que supera os 20 millóns.

Un convenio de colaboración entre o Ministerio de Transportes co Goberno galego permitirá que tres centros da provincia de Lugo rehabilitense de forma sostible.

Este acordo foi asinado a finais de decembro de 2021 pola secretaria de estado do Ministerio, Isabel Pardo de Vera e pola conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Angeles Vázquez.

Con el, Galicia recibe 27.331.200 euros do Ministerio con cargo ao Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia para rehabilitar 26 edificios de titularidade autonómica, con especial fincapé nas actuacións de mellora da eficiencia enerxética.

Na provincia de Lugo son tres os centros educativos os que recibirán estas achegas públicas son o CEIP Plurilingüe Virxe da Luz de Portomarín o cal recibirá 732.224  euros, o CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo 830.585 euros e o IES María Sarmiento de Viveiro será dotado con 696.586 euros.

O delegado do Goberno en Galicia, José Miñones, agradeceu á Xunta a súa colaboración na tramitación destes fondos e lembrou máis da metade dos 1.665 millóns de euros do Plan de Recuperación que o Goberno despregou xa en Galicia están a ser xestionados de xeito directo pola comunidade autónoma. En concreto, o 55% dos fondos; é dicir, 907 millóns ata o momento. “O Plan de Recuperación está chegando ás persoas, con 2.500 entidades beneficiarias; está chegando a 1.600 empresas galegas e; dende logo, está chegando tamén á educación”, manifestou o delegado, recalcou a “oportunidade única” que supoñen estes fondos. 

O Programa de Impulso á Rehabilitación de Edificios Públicos ou Pirep, persegue a rehabilitación sostible do parque público institucional cunha visión integral que abarca a todo tipo de edificios públicos (administrativos, educativo, asistencial, deportivo, sanitario, cultural…) e segue os principios da Axenda Urbana Española e os obxectivos de sustentabilidade, estética e inclusión da nova iniciativa Bauhaus europea, sen perder de vista o principal obxectivo do Plan: lograr un aforro enerxético medio superior ao 30%. Non hai que esquecer que unha gran parte do parque público edificado construíuse antes do ano 79 e presenta deficiencias enerxéticas.

O Pirep está dotado cun orzamento total de 1.080 millóns de euros dos que 480 se transferiron directamente ás comunidades autónomas para rehabilitar os seus edificios (o Pirep autonómico). Os restantes 600 millóns están reservados para a rehabilitación de edificios públicos de entidades locais (o Pirep local).