Skip to main content
Cultura AMARIÑAXADeportes AMARIÑAXAFoz

Pablo Sobrado, Os Correcamiños 4×4: “O máis importante foi conseguir facer coñecida a ruta”

Por 5 Xuño, 2022Decembro 18th, 2023Sin comentarios
Por Ana Somoza López.

Pablo Sobrado, presidente do club Os Correcamiños 4×4 de Foz.

Os Correcamiños 4×4 son unha asociación deportiva de socios aficionados ao mundo do motor 4×4. e son organizadores da Rota Montes da Mariña na que xa levan dezaseis edicións.

Quen se atopa á fronte de Correcamiños 4×4 Foz?

Somos unha directiva que consta de 8 membros e como presidente atópome eu, Pablo Sobrado.

Cantos membros son na asociación?

Contamos con 75 socios de Galicia e Asturias. Ademais en toda a comarca e na provincia hai varios clubs como o noso.

Dende que ano está formada a asociación?

Os Correcamiños 4×4 levamos 19 anos quecendo motores dende Foz. Foi no 2003 cando comezamos esta aventura.

Que actividades fan?

Unha vez ao ano organizamos a Rota dos Montes da Mariña na que en anteriores ocasións participaron uns 500 vehículos e este ano 2022 será a XVII edición. Esta proba durá desde o venres pola tarde ata o domingo pola tarde.

Por onde discorre?

A ruta discorre por varios montes da Mariña aínda que o epicentro do evento estásituado en Foz. Percorre montes e estradas que a xente di que destacan pola súa beleza e conta con tramos espectaculares, trialeiras técnicas que non todo o mundo supera coa mesma soltura, cortafogos máis e menos empinados, tramos de subida moi rotos e moi longos.

Participan só veciños da Mariña?

Non, sempre vén xente de fóra. Desde Portugal, Asturias, Cantabria, Castela e León ou Madrid.

Por que ese nome tan curioso?

“Unha vez ao ano organizamos a Rota dos Montes da Mariña na que en anteriores ocasións participaron uns 500 vehículos”

Non foi por nada especial, senón unha idea que xurdiu dunha reunión de catro amigos que xa formábamos parte do club.

Que aporta Correcamiños á vida cultural focega?

O que aporta sobre todo é o aumento do turismo no relacionado con este sector xa que moita xente chega á vila durante a fin de semana que organizamos a ruta. So de persoas inscritas xa somos 1000, mais a xente que ven ver ás carreiras especiais.

Contan con apoio municipal para as actividades?

Claro. Para manter o club, para facer as actividades, etc. Tamén para a organización da Rota Montes da Mariña temos algo de axuda do Concello.

Que necesidades ten a asociación?

A verdade é que somos bastante autosuficientes e cada socio pon o seu grao de area.

Que é o máis importante que conseguiu a asociación?

Creo que o máis importante que conseguimos foi facer coñecida a ruta en toda España. Está considerada como unha das máis importantes e é todo un referente no Norte peninsular.

Que tipo de vehículos se utilizan nas rutas?

Para participar neste tipo de eventos é necesario contar cun vehículo especializado como motos de enduro, quads e vehículos todoterreo.

Cal foi ou lembran a máis divertida?

As 16 edicións foron moi divertidas e todas elas teñen momentos diferentes e moi alegres.

Participan noutros eventos deste tipo?

Por suposto, o club vai a outras rutas organizadas por Galicia, Asturias, León, Portugal,… procuramos ir a todas as que podemos.